Loureiro aportou este luns a este respecto datos positivos e tranquilizadores para a veciñanza, xa que dos preto dos 30 niños atopados pola empresa especializada contratada, só houbo que intervir nun total de 14 e a maioría destes resultou ademais que, ou ben estaban inactivos, ou ben cun moi baixo nivel de actividade (tanto interna como de campo). Os niños intervidos atopábanse instalados en alturas comprendidas entre os 4 e os 24 metros.
A edil informou tamén que agora iniciaranse unha serie de medidas de prevención de cara á primavera, xa que dende marzo ou abril e ata a principios de agosto é o período de máxima actividade destas vespas. As medidas a desenvolver consisten básicamente en capturar ás raíñas fundadoras, que son as que crean os niños, e anualmente saen de cada niño entre 100 e 500 raíñas fundadoras. Para capturalas utilizarase o sistema de trampeo (instalación de trampas) e previamente estableceranse zonas de control nas inmediacións dos niños creados o ano pasado e que todavía se atopan en pé, xa que moitos deles foron destrozados polo último temporal. O número de trampas que se van a colocar estará entre as 400 e as 800 en función das necesidades.
Os obxectivos principais destas medidas preventivas son controlar a poboación de Vespa velutina en Mos e reducir o número de niños.
Os 14 niños tratados por parte da empresa foron sempre inxectados cun insecticida especializado para esta especie de vespas. Optouse por este método de desactivación dos niños por ser o máis simple, de menor impacto medioambiental, e de maior efectividade ao conseguir non só tratar ás vespas dentro dos niños, senón tamén das posibles obreiras que houbera fóra do mesmo pola duración do mesmo producto antes de que deixe de xurdir efecto.
A clara disminución da actividade tanto interna como de campo das vespas é altamente tranquilizadora, xa que aínda que teñan algunha larva en proceso de desenvolvemento, a actual situación climática (baixas temperaturas e choivas) non lles permitirán chegar a adultas; e, no caso de que o fagan, non sería un adulto de plenas garantías.
Da campaña de control e retirada de niños realizada en xaneiro e febreiro no Concello de Mos extraéronse unha serie de conclusións tales coma que este insecto prefire os espazos urbáns aos de maior campo pola dispoñibilidade inmediata de alimento, como pode ser froita, ou residuos orgánicos. Móvese e expándese polos cursos de auga (ríos, regatos) debido á gran necesidade deste recurso para o desenvolvemento da cría dos seus niños e a facilidade para avanzar e expandirse que estes lles ofrecen. Prefiren árbores de alturas medias, entre os 10 e os 30 metros de altura, caducifolios debido a cantidade de polas destes que lles facilitan crear a estructura dos seus niños. E que a orientación da saída dos niños será, sempre e cando lles sexa posible, Sur-Sureste, cara á saída do sol e resgardándose do norte, aínda que en contadas ocasións se observa que se colocan en dirección norte.