Segundo informou o 112 Galicia, o alertante chamou para pedir axuda, ás 07: 45 horas de hoxe, e indicou que había unha persoa que se atopaba con dificultades para saír do interior do vehículo. Por iso, se pediu a intervención de Urxencias Médicas e dos bombeiros de Baixo Miño que, chegados ao lugar comprobaron que non eran precisos os medios de excarceración, xa que, a muller, saíra polo seu propio pe do interior do turismo por unha fiestra. A ferida ao ser atendida no mesmo punto polo persoal sanitario, foi evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
A intervención da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Mos tamén foi requirida polo 112 Galicia, así como a do persoal do servizo de mantemento da estrada. Uns minutos mais tarde, sobre as 8:10 horas, o CAE 112 Galicia tiña constancia doutro accidente no mesmo punto quilométrico da autovía. Neste caso tratouse dunha colisión entre tres vehículos, pero, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, iso si, o alertante indicou ao persoal do 112 Galicia que os vehículos obstaculizaban a circulación.