A candidata, Victoria Alonso, tratou de transmitirlle as e os seus compañeiros a súa idea de proxecto local cheo de ilusión e baseado en devolverlle ao concello a vitalidade que lle foi arrebatada. “Levamos 10 anos de goberno da dereita onde o único que fixeron foron afogarnos cos impostos e agora din estudar a posibilidade de baixalos unicamente como venta electoralista”, sinalou.
Alonso puxo en valor o traballo das concelleiras socialistas e quixo resaltar «a loable labor que fixo ata o momento a portavoz, Patricia Pérez, quen foi un pilar fundamental do Partido Socialista nestes últimos 4 anos».
Ademais, agradeceu a confianza depositada nela por parte da militancia e asegura que vai poñer o mellor da súa parte para lograr o cambio de goberno que fai falla en Mos. Asegurou tamén que «estes momentos de debilidade do PP por embarrarse en cuestións coma o proxecto da cidade deportiva suporalle o fin as lexislaturas das cacicadas e empezar a gobernar pensando no que realmente importa, a veciñanza».