Dous efectivos da Policía Local do Porriño completaron este luns pola mañá a reanimación dun veciño que apareceu tendido na rúa en parada cardiorrespiratoria. Os axentes lograron que este home, de 48 años, puidese ser evacuado con vida ao hospital tras completar as manobras necesarias e empregar o equipo desfibrilador automático (DESA), sendo necesarias ata catro descargas.
Outros dous membros do corpo municipal acudiron en apoio dos seus compañeiros. Un deles foi no coche patrulla ao centro de saúde a buscar aos facultativos. Cando chegaron ao lugar do suceso coincidiron co persoal sanitario da UVI móbil, que xa se fixo cargo da situación. Os sanitarios estabilizaron á vítima, que foi trasladada con vida en estado grave ao hospital Álvaro Cunqueiro.