A Policía Local de O Porriño informou que ata onte, denunciaron a cinco veciños por infrinxir o estado de alarma. «Na meirande parte dos casos son persoas que sacan a pasear o can pero que superan a marxe de 10 minutos que establecen as instruccións do estado de alarma», explica nun comunicado. Nun caso, o denunciado foi un motorista que «estaba a dar unha volta» e cando foi apercibido alegou que estaba a buscar un taller para unha reparación.
Por outra banda, a Policía Local informou á veciñanza que as labores de vixiancia nas parroquias do concello corresponden á Garda Civil por decisión da Subdelegación do Goberno que reparte e distribue as tareas a realizar polos corpos e forzas de seguridade. A laboura encomendada á Policía Local é o control e vixiancia no centro da vila.
Ademais, a empresa de construcción á que pertenecía o guindastre que bateu o martes contra a capela do Cristo e o edificio de Telefónica, comezou a instalar toldos para evitar que a chegada de choivas anunciadas para vindeiros días agraven os danos neses inmobles.
Unha vez retirado guindastre que caeu, realizanse no interior da capela tarefas de limpeza previas á peritaxe para avaliar o danos. Dado que hoxe é festivo non laborable en Galicia, mañá venres reanudaranse estes traballos.
Por último, o concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza, Sergio Casal, informou de que este venres reforzaranse as tarefas de desinfección nas rúas con 6 sulfatadoras. “Vaise actuar nas beirarrúas, pasamáns, contenedores, mobiliario urbano e noutros espazos públicos”.
Ademais o concelleiro anunciou que dúas unidades con sulfatadoras actuarán no polígono de vivendas de Torneiros.