Dúas testemuñas ratificaron aos axentes a sospeita sobre o individuo, polo que os policías locais notificaron dos feitos á Garda Civil e puxeron ao detido a súa disposición xunto coas dilixencias.
Trátase do segundo roubo de similares características que esclarece a Policía Local de Porriño nos últimos quince días. O domingo da Festa dos Callos, o pasado 29 de setembro, axentes detiveron a un mozo de 30 anos, tamén delincuente reincidente, pola presunta comisión dun delito contra o patrimonio, acusado de roubar nunha empresa da vila a plena luz do día.
O 092 recibira a alerta de que unha persoa rachara o cristal dunha fiestra para acceder a unha empresa situada no casco urbano. Coa descrición facilitada, a Policía Local dispuxo un operativo para cercar o presunto autor que fuxía polas vías do tren, sentido Vigo.