Galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos tomarán un ano máis O Porriño para disputar os Xogos Olímpicos nos que cada verán se miden estas civilizacións.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polos concelleiros Bienvenido Estévez e Antía Carrera, e representantes do tecido asociativo e comercial da vila, presentou este luns a programación desta edición de Porrigalia, que aúna deporte, música, gastronomía, espectáculos para todos os públicos e moitas actividades infantís.
La Frontera, Heredeiros da Crus e Dasoul
Porrigalia chega este ano cunha banda sonora de luxo, encabezada por Heredeiros da Crus, La Frontera e Dasoul. Os concertos pecharán cada xornada, comezando pola do venres. A partir das 22:30 h na rúa Domingo Bueno actuarán os Herdeiros da Crus e a continuación DJ Traffic House e Raper Vocal Live.
O sábado os DJ Pitty, Samu Pexe, Keva, Mus e Xian animarán cada recuncho e praza do Porriño a partir das 19:00 e ás 19:30, na praza Arquitecto Antonio Palacios, actuará o grupo local Generación M. De seguido o fará Beatriz Martínez e ás 21:30, os Gin Tonic´s. Xa pola noite os concertos trasládanse á rúa Domingo Bueno, comezando La Frontera, seguido de Dasoul, María Lamuela Freitas, Dj Enter e Dj Moy.
O domingo, ás 19:30, actuarán os King Kids na praza do Cristo, e ás 21:00 será o turno de A Banda da Balbina na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Ademais haberá charangas, batucadas e animación musical durante toda a fin de semana.
Porrigalia Kids, unha proba para gladiadores
As nenas e nenos estarán moi presentes na programación con actividades pensadas por e para que disfruten ao máximo de Porrigalia. Unha delas a Porrigalia Kids que se celebrará o sábado ás 13:00 na praza do Concello e no parque do Cristo.
A versión olímpica da reputada Gladiator Kids chega ao Porriño para que as pequenas e pequenos demostren que poden ser auténticos gladiadores. As nenas e nenos de 3 a 10 anos disfrutarán dun percorrido de obstáculos adaptado á súa idade para que poidan pasar un rato divertido acompañados dos seus pais ou familiares. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse ata o día 6 se de xullo.
Ademais, o sábado ás 11.00 horas celebrarase un showcooking e obradoiro infantil no Mercado de Abastos.
Xogos Olímpicos
O gran desfile olímpico abrirá o venres ás 21:00 os Xogos Olímpicos. Unha gran comitiva levará a chama olímpica dende o templete de San Luis a ata o Concello, onde o Rei Castrexo interpretado por Pepo Suevos a recibirá e procederase ao acendido.
A comitiva, formada por ANPAS e asociacións locais, volverá desfilar o sábado ás 12:00 e chegará á praza do Concello para dar paso ao pregón a cargo do Rei Castrexo. Apartir das 20:00, na rúa Domingo Bueno, comezarán as Olimpiadas. Os xogos continuarán o domingo pola mañá a partir das 11:00.