O Concello do Porriño iniciou esta instalación polo edificio abandonado de Instalauto despois de que a empresa contratada, con sede no polígono porriñés da Granxa, obtivese a semana pasada a correspondente autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar os labores de trampeo para controlar a poboación mediante métodos de loita biolóxica, que se alongarán durante un ano a través de accións mensuais.
Polas estimacións dos técnicos, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbano da vila. A colocación de gaiolas realizarase tamén no edificio do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios. En ambos os dous lugares comprobouse que estas aves colocan os seus niños e polo tanto se concentran en eles a meirande parte delas.