A alcaldesa, Eva Garcia; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, e o inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, acudiron este venres ao Tanatorio de Redondela a dar testemuña da condolencia do Concello do Porriño pola perda de Alvaro Cunqueiro, falecido onte aos 78 anos. Esta tarde tivo lugar o funeral na igrexa de Santa María do Viso.
Álvaro Cunqueiro, natural de Redondela e sobriño do famoso escritor, chegou a Porriño procedente de Vigo e estivo en activo 25 anos, período no que fora xefe da Policía Local ata a súa xubilación en 2008.
Na imaxe adxunta, sen dúbida histórica, aparece xunto co anterior alcalde, Xosé Manuel Barros, o anterior presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor; o viceprresidente, Xosé Luis Barreiro Rivas e co gobernador civil da provincia, daquela Virginio Fuentes.