A nova infraestrutura sanitaria contará cunha superficie construída de 1.321 metros cadrados, o que supón un incremento de 863 metros cadrados (un 188% máis), respecto ao espazo do actual centro de saúde, que conta cunha superficie de 458 metros cadrados.
O Servizo Galego de Saúde xa presentou hai uns meses o proxecto de construción deste novo edificio da rede sanitaria pública galega. A superficie quedará distribuída nunha entrada con vestíbulo e zona de recepción e na área de asistencia sanitaria contémplase 5 consultas de medicina xeral, 5 de enfermería, 1 consulta polivalente, 1 sala de técnicas, 1 sala de extraccións, 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería pediátrica e 1 consulta para matrona.
Disporá tamén de arquivo con historias clínicas, biblioteca/sala de xuntas, aseos e vestiarios, ademais doutros espazos con servizos comúns.
Na actualidade, o concello pontevedrés de Salceda de Caselas dispón de 7.832 tarxetas sanitarias adscritas, das que 1.391 son de pacientes en idade pediátrica.