Unha muller, veciña de Salceda de Caselas, resultou esta madrugada afectada polo intenso fume provocado por un incendio dunha cociña. Os servicios de emerxencias tiveron que trasladar á muller ata un centro sanitario con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.
Segundo informou o servicio de Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu de madrugada, ao fío das 5:00 horas desde martes, no lugar do Coto, en Salceda de Caselas. Foron os vecinos os que deron o aviso e informaron de que non quedara ninguén na vivenda pero pouco despois tamén solicitou asistencia médica para a muller, que estaba nerviosa e tamén inhalara fume.
Ata alí se desprazaron unha dotación do parque comarcal de Bombeiros do Baixo Miño para facer frente a un incendio localizado nunha campá extractora ainda que cando chegaron xa os vecinos sofocaran prácticamente todo o lume. En todo caso, o resto da vivenda tamén viuse afectada pola intensa fumareda polo que os efectivos tamén traballaron na ventilación da casa. Tamén acudiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.
Segundo relatou a muller antes de ser trasladada ata o PAC de Porriño, estaba durmindo cando sentiu «un ruido como se fosen ratos» que a despertou. Cando chegou a cociña xa estaba chea de fume, probablemente a causa dun cortocircuito, polo que saiu da casa e chamou aos veciños, que foron os que fixeron a chamada a Emerxencias.