O mozo David Fernández Suárez, natural do concello de Salceda de Caselas, desapareceu a noite do pasado sábado despois de participar nas festas do Castelo da Pela, en Portugal. Algunhas das súas pertenzas apareceron na beira do Río Miño, zona de Monçao. Dende entón, ao abeiro do protocolo especial de intervención en emerxencias en zona fronteiriza, ARIEM 112, medios e recursos de emerxencias de ambas as dúas marxes do río traballan na procura do rapaz. Este mesmo mércores, os efectivos do parque comarcal de bombeiros do Baixo Miño e os voluntarios de Protección Civil de Tomiño uníronse aos equipos portugueses para seguir peitando a zona na busca de indicios do paradoiro do músico.
Artigos relacionados:
Activado un operativo de búsqueda tras desaparecer un músico en el Miño
Drones de la Axega para la búsqueda del joven desaparecido en el Miño