A Unión Europea supervisará que se cumpran en todo momento os criterios de calidade da conexión, que non debe baixar de 30 Mbps, e debe estar garantida por un período mínimo de tres anos. O proxecto supuxo un investimento de 28.850 euros dos cales 15.000 euros son aportados pola Unión Europea dentro do programa wifi4eu, e o resto polo propio Concello.
O programa wifi4eu estase a implantar en milleiros de municipios de toda Europa, dos cales unha vintena son municipios galegos, polo que para Salceda é un privilexio poder formar parte do programa.
Salceda foi un dos cinco primeiros municipios de Galicia en beneficiarse do programa, xunto con Cerdido, Oleiros, Rianxo e Toén, aínda que na actualidade o proxecto xa está a chegar a unha vintena de concellos galegos.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, valorou o programa como “un privilexio”. “A nosa veciñanza vaise beneficiar dunha rede wifi aberta, gratuíta e de grande calidade, o que sen dúbida constituirá un novo aliciente á hora de escoller Salceda como lugar de residencia para novos veciños e veciñas”, apuntou.