Á marxe do Plan Concellos, Salceda de Caselas recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.
Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Salceda de Caselasun total de 831.953,57 €, dos cales 568.055,27 € se corresponderon co “Plan Concellos 2016”. Ademais, a institución provincial investiu64.000 € en mobilidade, 82.000euros en cohesión social e xuventude, 19.000 € en cultura e lingua, 19.000€ para o fomento do emprego, 21.000 €para o impulso do deporte, 3.000 € en medio ambiente e outros 5.000 € para a igualdade entre mulleres e homes.
En concreto, a través da liña 1 do “Plan Concellos”, investíronse 333.701,90 € para a humanización das rúas Compostela e A Coruña e parte de Rafael Tilve Adrio, a reparación da cuberta do pavillón municipal, a recuperación ambiental e a senda peonil do regato Lagüela e a adquisición dun camión con grúa e volquete e unha minipala escavadora.
Ademais,85.208,29 € para o pagamento de gastos corrente en liña 2, outros 21.302,07 € en liña 3 destinados a actividades como a Festa dos Callos, un programa de asesoramento en violencia de xénero e outro de atención ás demencias neurodexenerativas e,grazas á liña 4,creáronse23postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 127.812,44€.
Á marxe do “Plan Concellos 2016”,Salceda de Caselas recibiu 18.964,91 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con arredor de 20 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á rehabilitación e á sinalización do patrimonio histórico-cultural e memoria histórica e as axudas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 82.262,51€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (do que se benefician 13persoas) ou ben mediante os programas “En ruta coa Depo”, “Depo en marcha”, “DepoTermal” (do que gozaron 24 persoas maiores da vila), “Tecendo lazos”e“Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron25 nenas e nenos do concello.
Do mesmo xeito, Salceda de Caselas recibiu 20.664 € para o deporte federado de base, diversas actividades deportivas e as dúas “DEPOrte Escolas” de balonmán, así como 18.845,76€ destinados ao fomento do emprego a través do Plan de Práctica Laboral, que está a permitir que dúaspersoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello deSalceda. Tamén se achegaron 5.336,10€ para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homesa través do programa “Conectadas 2016”,3.000 € en medio ambiente para o mantemento do campo de fútbol da Gándara e, finalmente,outros63.906,60 € en materia de mobilidade, en concreto para o “Plan Móvese” e as obras de sinalización horizontal nos viarios provinciais.