A Policía Autonómica comisou máis de 18 quilos de produtos do mar no porto de Cangas, ao carecer de etiquetas de trazabilidade, factura de compra ou calquera outra documentación que acreditase a súa procedencia.
Esta actuación enmarcouse nun dispositivo de control efectuado para comprobar a trazabilidade do produtos que se comercializan nesta vila do Morrazo. Despois de realizar varias inspeccións, os axentes comisaron máis de 18 quilos de produtos como centolas, raia ou chocos.
Os axentes levantaron catro actas por infraccións á Lei de Pesca de Galicia e entregaron o produto comisado ao Banco de Alimentos. As centolas, que aínda estaban vivas, foron devoltas ao mar.