Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso pola parroquia de Santa María, no lugar de Darbo.
As obras no río Postillón esténdense ao longo dun tramo de case 1,4 quilómetros de lonxitude e céntranse na roza de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.
Con estes tipo de intervencións a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.