A través dun ambiente socializador e positivo permitiráselle a esta mocidade a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez que regresen a vivir coa súa familia de orixe.
Os requisitos para formar parte deste programa son ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade…
Á súa vez, valorase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formada en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico.
A asociación Arela ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40 euros diarios durante os meses que permaneza o adolescente coa familia ou persoa.
Dende a páxina web de Arela pódese consultar toda a información sobre este programa, así como dende o teléfono da súa sede central ou a través do correo electrónico convive@arela.org.