A Festa Primagas, que se celebrou na Explanada de Ojea, tras o Concello de Cangas, desde las 10:30 hasta las 14:00 h., contou coa actuación cómica de Isabel Risco. Os máis de 200 asistentes tamén puideron degustar polbo e filloas, e os máis pequenos divertíronse con xogos tradicionais populares e inchables.
Os puntos fortes da xornada foron as actuacións de baile contemporáneo dos nenos e nenas do CEIP do Castrillón – Coiro e da agrupación Pais de San Roque.
Toda a recadación conseguida nos postos de comida destinase á Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos do Morrazo (Aspamsim). A Festa Primagas conta coa colaboración do Concello de Cangas.
Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas aterra en Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.
O gas natural chega a A Guarda
Primagas realizará durante este ano a canalización e distribución de gas natural no Concello de A Guarda. Está previsto que as obras comecen en verano e as primeiras subministracións, en outubro.
A utilización de gas natural permitirá a retirada de máis dunha vintena de depósitos de gas propano presentes no casco urbano do Concello. A substitución dos tanques de gas non implicará transformacións importantes nas instalacións das casas. Ademais, evitará a circulación e descarga de camións de gas propano na vía pública do Concello.
Os veciños poderán substituír as súas caldeiras e quentadores de gasóleo ou butano por outras con mellores prestacións e máis eficientes, reducindo os seus costes.