Os documentos, que incorporan todos os estudios preceptivos, foron elaborados polo propio ente público cunha dobre finalidade. Por unha parte, definir a delimitación interior e exterior do dominio portuario e, por outra banda, asignar os usos correspondentes a cada unha das diferentes zonas do porto. Entre estes usos establécense os correspondentes á actividade profesional, náutico recreativa, complementaria, incluíndo neste as actividades loxísticas de almacenaxe ou reparación e as que corresponden a empresas industriais ou comerciais; e finalmente uso para infraestruturas básicas do porto. A Consellería do Mar está a impulsar, como liña de traballo estratéxica, a redacción e tramitación destes documentos que permiten o desenvolvemento portuario ordenado.
A Delimitación de Espazos e Usos Portuarios é unha actuación encamiñada a mellorar a relación entre os portos e as vilas que os acollen. Deste xeito, a Consellería do Mar avanza na cohesión entre o tecido urbano e as infraestruturas portuarias, de modo que poidan beneficiar non só aos usuarios directos, senón tamén ao conxunto da cidadanía. Así mesmo, establece unha planificación e zonificación das diferentes actividades que conviven no peirao, a medio e longo prazo.