As familias das víctimas da pandemia en DomusVi Aldán convocaron este domingo unha marcha cívica en Moaña para esixir unha «investigación seria» e explicacións públicas do acontecido durante a pandemia cos seus parentes. En total, faleceron durante a pandemia 38 persoas residentes nesta residencia de Aldán por coronavirus.
Os afectados lamentan ademáis a «escandalosa volva das malas prácticas nas residencias de DomusVi, a sistémica falla de persoal, a vulneración dos dereitos humanos e a inacción da administración». Na concentración deste domingo xuntáronse unhas vinte persoas.
O pasado 26 de xullo os familiares das víctimas concentráronse no peirao de Aldán e nesta ocasión a marcha transcurriu dende o Concello de Moaña ata o Mirador do Con, a escasos metros da vivenda do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.