Segundo informa o 112, realizáronse varias xestións para que nas vindeiras horas unha empresa especializada no tratamento de residuos perigosos procederá ao baleirado dos tanques.
O amoniaco vai ser transvasado directamente a camións cisterna. Durante toda a noite do martes, un retén dos Bombeiros do Morrazo permaneceron na zona velando por que o lume non reavivase. Aínda que o incendio se dá por extinguido, os Bombeiros indicaron ao persoal do CAE 112 Galicia que no interior da nave aínda quedan algunhas zonas con borrallas.