Vázquez Mourelle, xunto co director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, participaron con veciños do Morrazo e de Vigo nunha andaina por parte do trazado da nova vía libre de peaxe.
A conselleira quiso compartir cos vecinos a oportunidade de coñecer dun xeito diferente a autovía do Morrazo, “unha infraestrutura construida para as personas, para o uso dos cidadáns” que, desde o vernes 11 de maio, terá en servizo os dous primeiros treitos.
A aindana, duns 3 quilómetros, correspondeuse co primeiro treito da autovía, o situado entre o enlace de Rande e de Domaio. Ethel Vázquez explicou aos participantes no percorrido as características das estruturas máis singulares da nova autovía. Sinalou os viadutos de Rande e da Moura, este último con máis de 400 metros de lonxitude, sendo o máis longo de toda a autovía. Tamén destacou o túnel de Montealegre, que supuxo executar unha obra de gran singularidade técnica, da que non se atopa outro exemplo en España, sendo a primeira vez que se amplía o túnel.
Precisamente, engadiu, esta ampliación do túnel permitiu preservar, na súa totalidade, o Castro de Montealegre, no que se traballou intensamente desde a Xunta, realizando unha ambiciosa campaña de escavación arqueolóxica, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que permitiu un labor de documentación do xacemento de enorme valor histórico e cultural.
Ethel Vázquez dixo que neste intre se están ultimando todos os traballos de sinalización e pintado, que permiten circular en condicións de seguridade, e aproveito para agradeceu a comprensión e paciencia dos veciños polas molestias inevitables que supoñen estas grandes obras, salientando que “ao final, verán que o esforzo pagou a pena”.
Neste senso, a conselleira lembrou que no verán de 2019 será realidade toda a autovía, a infraestrutura de maior investimento que está a realizar nestes momentos o seu departamento, 55,5 millóns de euros para a construción de 11 quilómetros de autovía.
Unha infraestrutura clave para o reforzo da seguridade viaria e que suporá unha mellora incuestionable na mobilidade de toda esta comarca, concluíu Vázquez Mourelle.