• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 14 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Castelo de Soutomaior reloce coa espectacular iluminación de Nadal

    O alumeado amplíase ás dúas torres e á muralla, con tres quilómetros de cable led que enchen de luz sostible o mercadiño que se inaugurou con máis de 25 empresas
    Redacción por Redacción
    03 de Dic, 2021
    en Comarcas
    0
    O Castelo de Soutomaior reloce coa espectacular iluminación de Nadal

    O Castelo de Soutomaior reloce se cabe aínda máis desde este xoves coa espectacular iluminación de Nadal que estrea a fortaleza con 35.000 lámpadas sostibles e tres quilómetros de cable led que van ambientar á ampla programación deseñada pola Deputación para desfrutar en familia estas datas. A presidenta Carmela Silva, xunto ao alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, deputadas e deputados provinciais, e o numeroso público que se deu cita no Castelo pronunciaron a conta atrás para o acendido do alumeado, ao que seguiu a inauguración do mercadiño con produtos de proximidade, e o inicio das actividades que se prolongarán ata xaneiro e que están a amosar xa unha excepcional acollida.

    Unha zancuda e un zancudo deron á benvida aos asistentes ao acto de acendido cunha primeira parada no iluminado muíño das Afreitas, que xa está de novo en funcionamento trala recente recuperación realizada pola institución provincial, que incluíu a restauración da maquinaria para que as crianzas poidan ver a última moenda para facer os doces típicos de Nadal. Amais, o xardín está salpicado de personaxes de Nadal iluminados, tamén o está o bambán e no Patio de Armas está depositada de novo a Caixa de Correos de Soños, na que tanto crianzas como maiores poderán deixar os seus desexos para estas datas.

    A presidenta provincial quixo aproveitar o momento para desexar un bo Nadal á provincia e invitou á cidadanía e ás persoas visitantes a coñecer o Castelo nestas festas e desfrutar de toda a actividade programada. Carmela Silva inaugurou de seguido unha das propostas estrela, o mercadiño de Nadal instalado no Xardín Inglés con produtos Km0 ofrecidos por 25 produtoras e produtores da provincia. “Animamos a toda a cidadanía a achegarse a estes postos para poder adquirir produtos sostibles e de proximidade, ideais para os agasallos de Nadal”. Deste xeito no MercaNadal as persoas visitantes poderán encontrar produtos como queixos, ovos, mel, licores, marmeladas, melindres ou bicas, afumados, conservas, chocolates, conservas de lamprea, de mirabeles ou grelos, así como produtos relacionados coa camelia a través da artesanía, cosméticos ou venda de árbores, e tamén viños de Soutomaior e espumosos.

    O mercado permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de decembro, en horario hoxe e mañá venres 3 de 16 a 20 horas, e o resto das xornadas de 11 a 14 e de 16 a 20 horas. Participan nos postos empresas da cooperativa galega Camino Circular (Maruxío, Pelegrina’s, Ovos De Volteiro, Leite Ulla (Queixos), Apícola Cañedo. Rebulidiro Granxa Eco, Rosa De Cabañas, Casal de Creación, Dona Formiguiña, Licores Pousa, Sidra Camino e Embutidos Lalinense), firmas relacionadas co mar (Conservas O Submarino, Afumados e Salazóns Arenquín, Cerámica Atlántica de Pilar Piñeiro e Saias Ledas, de artesanía), empresas da zona do Miño (Chocomiño e Alén do Val. Mirabeles do Rosal), vinculadas á camelia (Obradoiro Hedra, Acemelia e a pintora Estrella Rey) e de Km0 (Adega Quinta das Eiras, Colleiteiros Reunidos de Soutomaior, Adega San Salvador e Arte Nostra Artesáns).

    Visitas, contacontos e obradoiros

    As nove sesións de visitas teatralizadas a cargo da agrupación Troula programadas para esta Nadal esgotáronse nun só día, mentres que as 240 para os contacontos e obradoiros infantís (para crianzas de 4 a 9 anos) tamén están a piques de colgar o cartel de completo. Deste xeito, tan só quedan entradas á venda (na web do Castelo) para os obradoiros dos días 12 de decembro e 2 de xaneiro e para os contacontos programados os días 11 e 26 de decembro. En concreto, o día 12 celebrarase un obradoiro de tintas para elaborar felicitacións mentres que o 2 de xaneiro desfrutarán dunha ruta de sendeirismo polos xardíns do Castelo. No caso dos contacontos, o do día 11 será sobre as tradicións de Nadal, mentres que o do día 26 descubrirá ás crianzas participantes os recunchos do Castelo.

    43

    Tags: Castillo de SoutomaiorNavidad

    RelacionadosArtículos

    Denuncian el impacto negativo que la Navidad de Vigo tiene en la vida de las personas
    Local

    Denuncian el impacto negativo que la Navidad de Vigo tiene en la vida de las personas

    13 de Dic, 2025
    El Concello advierte sobre el uso de petardos, bengalas y fuegos en las fiestas de Navidad de Vigo
    Local

    El Concello advierte sobre el uso de petardos, bengalas y fuegos en las fiestas de Navidad de Vigo

    12 de Dic, 2025
    Arranca el I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ
    Cultura

    Arranca el I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ

    11 de Dic, 2025
    Espectáculos, solidaridad y visitas mágicas: así es la Navidad en Gran Vía de Vigo
    Local

    Espectáculos, solidaridad y visitas mágicas: así es la Navidad en Gran Vía de Vigo

    10 de Dic, 2025
    El recetario de Pereira cumple 20 años convertido en un clásico de la navidad viguesas
    Gastronomía

    El recetario de Pereira cumple 20 años convertido en un clásico de la navidad viguesas

    10 de Dic, 2025
    Local

    Más allá de las luces led, Vigo recupera el esplendor de la Navidad con el árbol del Pazo de Castrelos

    03 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Unas antiguas oficinas de 860 metros que el Estado tenía en Vigo se transformarán en seis nuevas viviendas

    Unas antiguas oficinas de 860 metros que el Estado tenía en Vigo se transformarán en seis nuevas viviendas

    por Redacción
    12 de Dic, 2025
    0

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    por Julio Alonso
    10 de Dic, 2025
    0

    Un muerto y tres heridos en una colisión entre dos coches en Redondela

    Un muerto y tres heridos en una colisión entre dos coches en Redondela

    por Europa Press
    11 de Dic, 2025
    0

    Colapso de tráfico en la Avenida de Madrid con tiempos de espera de más de 10 minutos

    Las obras de humanización de la Avenida de Madrid se prolongarán al menos cuatro meses

    por Redacción
    12 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Más de un mes sin recoger
    Más Vigo

    Más de un mes sin recoger

    Estos escombros que se observan en la imagen llevan varios meses abandonados. Están olvidados en la céntrica Avenida Camelias, de...

    por Julio Alonso
    13 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder

    Encaramos el final de este 2025 con unas cuantas novedades literarias de lo más interesantes. ¿Las repasas conmigo? 1) Historias...

    por Gabriel Romero de Ávila
    09 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza
    Opinión

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza

    Disclaimer. Si aún no has visto la película y tienes intención de verla, no sigas leyendo. Fui a ver esta...

    por Alba García Moreira
    09 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR