A Policía Local de O Porriño alertou este xoves dunha serie de cortes de tráfico e restricións de estacionamento de vehículos para o vindeiro domingo día 2, con motivo do Desfile de Rondallas que celebrarán conxuntamente os concellos de Mos e O Porriño.
Prohíbese o estacionamento nas seguintes vías (de 15:00 a 19:00 horas):
- Rúa Antonio Palacios, desde a intersección coa Risca ata a intersección con Aloques
- Rúa Domingo Bueno, desde a intersección con Aloques ata a intersección con Fernández Areal
- Avenida de Galicia en ambos carrís
As rúas citadas nos referidos treitos estarán cortadas ao tráfico rodado entre as 17.00 e as 19.00 horas.
O Concello do Porriño lembra que os alcaldes de ambos concellos, Alejandro Lorenzo e Nidia Arévalo, acordaron a celebración dun único desfile conxunto das rondallas como «primeira mostra do novo tempo nas relacións de ambos concellos».
Rondallas participantes
Os responsables das catro rondallas de Mos (Santa Eulalia, Herville, Santiaguiño de Guizán e Torroso) e as dúas de Porriño (Santa Eulalia de Atios e Asociación Cultural Musical de Pontellas) reuníronse xa para acordar os detalles da posta en escena do desfile.
Percorrido
A idea é que tres rondallas partan da rotonda de Costilleta en Mos e as outras tres dende a avenida Domingo Bueno e da rúa Antonio Palacios, no Porriño.
Os dous rexedores garantiron que a celebración do evento ao aire libre realizarase cumprindo estrictamente cos protocolos anti-Covid esixidos pola autoridade sanitaria e coa vixilancia da Policía Local de ambos concellos.
Retransmisión
O desfile será retransmitido por «streaming» a través dos perfís de Facebook e YouTube do Concello do Porriño.