O camping Carballo do Marco abrirá as súas instalacións a primeiros de xullo, remodelado e preparado para recibir aso primeiros turistas da temporada. Segundo informou este xoves o Concello da Cañiza, esta mañá celebrouse a mesa de contratación para a concesión de uso privativo das instalacións, na que se evaluaron as propostas admitidas e se propuxo a adxudicación a favor da empresa Ana Outón Beloso S.L.
O goberno local asegura que dende hai uns ven traballando para «entregar esta instalación turística nas mellores condicións posibles». Para iso acometeuse una reforma integral de toda a grifería dos módulos de aseo, duchas, sanitarios e lavadeiros. Tamén se instalou auga quente en todas as duchas e lavamáns.
O servizo eléctrico realizou unha inspección de todas as parcelas e do alumeado público do camping para verificar o bo estado das mesmas. Reparáronse os motores das barreiras de seguridade e do portal de arrastre e tamén da porta de acceso. Ademáis realizouse a poda correspondente dos setos e do arborado e tratouse o césped de todas as parcelas. Tamén mellorouse o sistema de desagüe que viña ofrecendo problemas nos últimos anos e creouse un novo punto de desagüe e vertido para as caravanas.
O camping conta con catro bungalows que estaban afectados pola caída da folla do arbolado sobre os tellados. Nestes meses eliminouse este residuo e acondicionáronse os teitos. Ademáis tratouse toda a estrutura do bungalow de madeira que viña sufrindo un grande deterioro nos últimos anos. Por outra banda cambiáronse todos os somiers e colchóns dos 4 bungalows ( un total de 8 unidades), adquiríronse novas televisións e repúsoxe a roupa de cama e aseo de cada instalación.
Condicións do servizo
Con todas estas melloras sae esta concesión, cun valor de 1.604.283,15€ por 16 anos e contempla un investimento mínimo por parte da empresa concesionaria de 66.680€. O alcalde resolveu aprobar os trámites administrativos para iniciar o procedemento público para outorgar esta nova concesión, considerando a necesidade de que sexa xestionado por empresas especializadas en hosteleira e xestión de lecer e tempo libre, capaces de optimizar ao máximo os recursos deste activo, para atraer máis visitantes e turistas,
O Concello reservarase o dereito de instalar no recinto un punto de recepción de BTT (Bicicleta Todo Terreno) e o dereito de ocupar varias prazas durante a tempada alta. Esta nova concesión inclue os servizos de explotación e mantemento do cámping municipal.
A empresa pode manter as instalacións abertas durante o período que considere oportuno. Non se considera a concesión executada no caso de que as instalacións do cámping non permanezan abertas, polo menos durante Semana Santa e desde o 1 de xullo ao 31 de agosto. Pode propoñer a apertura cando considere oportuno mediante comunicación ao Concello pero sen necesidade de autorización expresa deste.
En canto ás tarifas a percibir polas diferentes modalidades de aloxamento e de actividades complementarias, serán responsabilidade exclusiva da empresa sen intervención municipal. Os servizos de cafetería, bar, comidas poderán ser de uso xeral e non exclusivo dos usuarios do cámping, así como o alugueiro de bicicletas e calquera outra actividade sempre que previamente sexa regulado polo concello no regulamento aprobado, cuxas tarifas e horarios estarán expostos ao público.