Segundon informou o 112 Galicia, a muller desapareceu o sábado e foi localizada este domingo preto da súa vivenda. Solicitaron a intervención dos servizos médicos de urxencia, que, finalmente, trasladaron á muller ata o centro hospitalario de referencia. A señora acostumaba a pasear polas fincas de arredor a partir das tres da tarde. A esa hora do pasado sábado a viron os seus veciños por última vez. Dende entón, os axentes da Garda Civil a buscaron sen éxito.
Ás 17:30 horas do domingo, pediron reforzos ao Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia e se mobilizaron os efectivos do GES de Ribadavia. A piques estivo de saír, tamén, un equipo dos Cans de Rescate da Estrada, pero arredor das 19:30 horas, os axentes de seguridade confirmaron que a muller fora localizada.