O Concello de Arbo informou este sábado da finalización das obras de rehabilitación do Muiño de San Xoan, que presentaba diversos danos producidos por actos vandálicos. O cueste das obras ascendeu a 15.651,25 euros e foron acometidas por unha empresa local con fondos municipais.
Os danos que presentaba o inmoble foron causados por actos vandálicos, dos que se descoñece o autor ou autores. «O estado do Muiño de San Xoan era lamentable e os intrusos prederon lume no interior o que provocu que as madeiras arderan, romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira coa capa de verniz queimada e afumadas, porta de entrada destrozas, etc…», sinalo o Concello nun comunicado.
O muiño data do século XV e está situado o carón da Ponte Románica de San Xoan, un dos lugares máis emblemáticos de Arbo e restaurada polo Concello de Arbo no ano 2017. Con estas obras de rehabilitación recuperase un dos elementos situados nunha das zonas co patrimonio máis importante de Arbo. O deterioro que estaba sufrindo podía afectar a estrutura do inmoble, o que suporía unha perda moi importante para o patrimonio etnolóxico arbense.
Esta actuación foi financiada ao 100% con cargo aos fondos propios do Concello, tras o ingreso da compañía aseguradora realizado o día 1 de abril de 2020, que deu lugar ao correspondente expediente de contratación, que se viu parado polo estado de alarma.
Os perigos que se apreciaban na zona eran evidentes e, aínda que o Concello xa colocara enreixado para evitar o acceso ao mesmo e sinalizara a zona, foron varias as ocasións nas que as mesmas estaban movidas ou desapareceron do lugar.
O alcalde, Horacio Gil, condenou estes feitos e recordou que «os bens municipais son de todos os arbenses e debemos coidalos». O rexedor lembrou que foi unha empresa local a que se ocupou da mellora das intalacións, sendo «sempre prioridade deste concello a contratación de obras, a empresas locais o que supón nestes momentos todavía de crise, unha reactivación da económia local e que esta dentro do Plan de reactivación diseñado polo goberno arbense para paliar os danos ocasionados pola crise sanitaria do covid».