Os visitantes puideron gozar pola maña da impresionante panorámica das Pesqueiras do Río Miño, unha síntese perfecta entre arquitectura e enxeñería que durante moitos anos formaron parte da vida laboral e a economía dos arbenses, xunto coa pesca da Lamprea. Tras a bela estampa, comeron nun restaurante de Arbo e pola tarde e como remate da visita, ás cinco da tarde, coñeceron o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, donde puideron acercarse un pouco máis aos emblemas de Arbo, que son o Viño e a Lamprea.
O programa em Ruta coa Depo, consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados no roteiro asignado cunha persoa do equipo de guías, con xantar e transporte incluídos. «É unha actividade moi ben acollida por todos os colectivos, donde o Concello de Arbo e o Museo Arabo, esta entre os destinos máis solicitados polas entidades participantes», manifesta o alcalde, Horacio Gil.