O lume iniciouse á 01:20 horas do martes e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 110 hectáreas, das cales 75 son de monte arborado e as 35 restantes de raso. Na súa extinción traballaron en total 1 técnico, 9 axentes, 25 brigadas, 11 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.