Os responsables da administración local pecharon a captación e só teñen subministro para unhas horas máis. Así, pediron a colaboración da Axega para poder dar servizo, especialmente, aos edificios catalogados como “sensibles”, isto é, os centros educativos, de maiores e sanitarios.
A Axega enviará á zona unha cisterna con capacidade para 25.000 litros de auga, que primeiro deberán potabilizar para dar, finalmente, subministro á poboación.
Tamén dende a Central de Incendios aportarán medios materiais para garantir o servizo esencial.
Por último, dende o 112 Galicia, se puxo en contacto aos responsables municipais cos técnicos da Confederación Hidrográfica do Miño, a onde pertence o Río Termes, para coñecer a duración estimada do fenómeno e posibles alternativas para a captación de auga noutras zonas.