O contrato suporá a construción desta infraestrutura hidráulica e do seu acceso, así como a execución do correspondente colector de vertedura, a súa posta en marcha e explotación. O importe da licitación é de algo máis de 4 millóns de euros.
A licitación comprende tamén a redacción do proxecto construtivo e o prazo para a redacción do proxecto da Edar será de tres meses, a partir da sinatura do contrato. Posteriormente, a construción terá que executarse nun prazo máximo de 12 meses.
As obras consistirán na construción dunha EDAR dimensionada para a primeira fase da Plisan, pero preparada para as ampliacións futuras previstas. Así mesmo, incluirá a execución dun tanque de emerxencias, de 900 m3 de capacidade. Ademais incluirá un acceso, de 241 metros de lonxitude e 5 metros de ancho, a instalación do colector da entrada á EDAR, a acometida eléctrica, as telecomunicacións e o abastecemento.
Tamén se executará o colector de vertido ao río Miño das augas depuradas, con 464 metros de lonxitude e 400 milímetros de diámetro. Como obras complementarias instalaranse equipos de bombeo, implementarase un sistema de xestión de vertidos accidentais e realizaranse labores de recuperación da canle dun muíño próximo á EDAR.
Actualmente, estanse desenvolvendo as obras da primeira fase dos sistemas xerais da Plisan, que están executadas nun 80 % e está en redacción o proxecto de construción da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), que se prevé licitar proximamente. Tamén está en redacción o proxecto de urbanización da zona Loxístico-Empresarial (LE).
Por outra parte, nos pasados días 7, 8, 14 e 15 de marzo precedeuse ao pago de algo máis dun millón de euros aos propietarios das fincas afectadas polas expropiacións de solo e prevese un novo pago nos meses de verán.