Un turismo precipitouse este venres por un barranco no lugar de Ribarteme, nas Neves, segundo informou o 112, e os cinco mozos que viaxaban no interior resultaron feridos.
A alerta produciuse uns minutos despois das seis desta tarde cando un vehículo saíuse da vía, no lugar de Tuia, e caeu por un barranco duns 100 metros de altura, segundo indicaron os bombeiros do Porriño.
Catro dos rapaces poideron saír polo seu propio pé, pero unha moza quedou atrapada por unha perna debaixo do asento do vehículo.
Dende o 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño e de Ponteareas e deron aviso a Garda Civil de Tráfico. O rescate complicouse debido ao difícil acceso e os bombeiros dos dous parques traballaron conxuntamente para retirar o teito do turismo e sacar a rapaza.
Despois de case unha hora de traballos, conseguiron rescatala e foi evacuada polo helicóptero medicalizado que ten base en Ourense. A súa vida non corría perigo e o equipo médico do 061 logrou estabilizala.