Anteriormente, a Deputación de Pontevedra xa aprobara, a través dunha resolución presidencial, unha achega ao concello das Neves, tamén dentro da súa liña 1 de investimentos do “Plan Concellos 2018-2019”, de 45.146,58 euros para poder levar a cabo obras na parroquia de San Xosé de Ribarteme.
Xunto con esta achega, a institución provincial tamén xa tiña destinado ás Neves 122.318,53 euros para a contratación de 14 persoas que desenvolverán actividades relacionadas coa limpeza, fontanería, axuda no fogar, construción, actuacións forestais e administración no concello.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou que “con estas dúas novas achegas, As Neves xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 36,9% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2018-2019, que este ano pon a disposición da vila 926.900,17 euros”.