Con cargo a fondos propios, o Concello xa contratou a dous limpadores para locais e inmobles. Con axudas e subvencións doutras administracións, principalmente da Deputación de Pontevedra, o consistorio puido asinar contratos para cubrir oito postos de peóns de obras e forestais, que están a traballar con contratos de dez meses a xornada completa, un ordenanza-bedel e un operador de maquinara, polo mesmo tempo e tamén durante toda a xornada.
Ademais, xa está en marcha o proceso de contratación de dous fontaneiros, dous peóns de obras, catro peóns forestais, un oficial de obras, un de xardinería, un responsable de biblioteca, un chofer de camión con carné C+E, tres condutores de motobomba e dous socorristas para as piscinas municipais.
As persoas interesadas en optar a estes postos, de duración diversa, poden consultar as bases, condicións e prazos entrando na páxina web do Concello, www.asneves.gal.