O pasado mes de novembro, unhas de 200 persoas plantaron os primeiros 1.500 castiñeiros, freixos e bidueiros, dos 10.000 en total para crear un “cortalunes verde” na ribeira do Miño, a zona pola que entraron as lapas que queimaron o 90% da superficie das Neves en outubro de 2017.
O punto de encontro para as persoas que vaian a participar na plantación estará no Torreiro de Vide, ás 9 da mañá; ás 11 haberá unha parada para coller forzas cun ‘bocata’ e está previsto que a xornada remate ás 2 da tarde. O Concello terá aberto o Pavillón Municipal para aqueles que precisen usar as duchas e os vestiarios.
“Renacer das Cinzas”, coma sinalaron no seu día o alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, e Guillermo Iñiguez, co-fundador de ONE OAK, ten coma finalidade a de responder á desoladora situación que deixara o lume, con máis de 5.000 hectáreas queimadas. Nun primeiro momento os traballos centráronse nas tarefas de limpeza, pero agora As Neves van rexurdir e as súas veciñas e veciños, coa axuda dos voluntarios van facer agromar o bosque autóctono de máis dun milleiro de anos de antigüidade que poboaba este concello.