A Consellería do Medio Rural informou a primera hora do domingo de que quedou controlado ás 5,45 h. desta madrugada o lume rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño.
O incendio orixinouse ás 15,55 h. da tarde do sábado e, segundo as últimas estimacións, rolda as 30 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.
No control deste lume levan traballado ata o momento 1 técnico, 11 axentes, 36 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 7 avións e 7 helicópteros. Por mor do fume, chegouse a cortar a vía ferroviaria entre Vigo e Ourense pero a circulación quedou restablecida a pasada medianoite.