Ante a previsión de choiva e vento para toda a xornada deste martes, o concello de Redondela optou onte por aprazar todos os actos previstos para o vindeiro domingo. Desde xeito, o Meco, que tiña que arder na tarde deste martes ampliou uns cantos días a súa vida. Iso si, a figura non está en horas boas porque, para intentar resgardalo e mantelo algo seco, foi tapado cun plástico e así consume as horas o maltratador de animais.
A suspensión ampliouse a tódolos actos da programación oficial do entroido de Redondela previstas para a xornada do martes. Celebraranse o vindeiro domingo. Non obstante, este feito non quitou que varias centenares de veciños acudirán ás rúas do centro da localidade para celebrar a xornada festiva. Uns locais hostaleiros tiñan preparada unha carpa no centro da vila e, como é habitual no martes do entroido, centos de redondeláns acudiron cos seus disfraces para gozar dunha xornada de troula.
Isto é debido a que o martes de entroido é case relixión en Redondela. Moitos locais comerciais optan por pechar as súas portas e, dende o mediodía, os grupos de amigos que poden librar o día quedan para un almorzo conxunto. A celebración pérdese no tempo e trátase dunha costume case inmemorial na Vila dos Viadutos. Onte, debido a choiva, limitouse algo a celebración, pero non morreu porque, ó final, o entroido é en inverno. Época na que pode facer frío, sol ou chover. O Meco gaña horas cun particular chuvasqueiro. A súa queda aprázase.