O Concello de Redondela vén de lanzar unha alerta aos donos de cans ante as informacións recibidas por envelenamentos en diferentes zonas da vila. Desde a administración local pediron a todas as persoas que “extremen as precaucións” no Paseo de Cardona, a rúa Cacharela e a praia canina de Chapela.
O Goberno local está a levarse actuacións para investigar esta situación e así poder determinar a súa orixe. En todo caso, fixo un chamamento cidadá no que apela á veciñanza a achegar datos que poidan axudar a esclarecer o caso.
Se alguén detecta algunha conduta sospeitosa ou atopa algún elemento sospeitoso, pódese poñer en contacto coa Policía Local (24 horas) ou co departamento de Medio Ambiente no 986 400 300 (de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas).