A Policía Local de Redondela detivo un varón que ía bicicleta e deu positivo en alcohol e agrediu un dos axentes logo de sufrir un accidente.
O feitos ocorreron este martes pola tarde. A Policía local foi alertada en torno as 18:30h dun accidente consistente nunha saída de vía por parte dun varón que ía nunha bicicleta. A chegada dos axentes, dito varón atopábase sendo atendido e presentaba evidentes signos de atoparse baixo o efecto de bebidas alcohólicas. Tras realizar a correspondente proba, acadou un resultado positivo de 1,07mg/l.
Posteriormente, cando se ían a realizar as seguintes probas, o home encarouse cos axentes e golpeou un dos policías, polo que procederon a súa detención e posterior traslado a comisaría da Policía Nacional.