A Xunta de Galicia informou este sábado de que foi eliminado un punto de vertido de augas residuais á Ría de Vigo no concello de Redondela. O punto de vertido foi localizado durante os labores rutineiros de inspección que o Plan de control de vertidos de Augas de Galicia realizada na rede fluvial e na marxe litoral do termo municipal.
O persoal técnico da Xunta constatou a orixe dun aporte de auga residual nunha vivenda unifamiliar, localizada no barrio da Portela, zona na cal existe rede de saneamento municipal, explica a Xunta nun comunicado.
Augas de Galicia notificoulle os feitos observados ao Concello de Redondela, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a subsanación do punto de vertido. Desde o Concello trasladouse ao particular a obriga de conectarse á rede de saneamento municipal, engade a Xunta.
Recentemente, os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha nova inspección na zona, verificando que as augas residuais xeradas na citada vivenda se atopan conectadas á rede de saneamento municipal, quedando emendado o vertido que se producían cara á ría de Vigo.