A partir de aí chegou un discurso máis elaborado no que anunciou que este xoves «levaremos ó consello da Xunta ás primeiras avaliacións dos danos producidos nas estrados, peiraos e portos de titularidade autonómica». No tocante ós afectados, o presidente galego manifestou boas palabras, boa disposición e prometeu axuda. Aínda que, por agora, sen medidas concretas. «Estamos a disposición do alcalde de Redondela para aquelas persoas que non teñan seguro, para aqueles que non teñen unha cobertura dos danos sufridos nos seus bens, poidan ter un acollemento por parte da administración autonómica, da provincial e da municipal. Que poidan servir a aquelas persoas que teñan unha dificultade sobrevida ó non ten unha cobertura axeitada», indicou Alberto Núñez Feijóo.
No propio terreo, acompañado polo alcalde de Redondela, Javier Bas e un bo número de concelleiros da localidade, o presidente da Xunta inspeccionou os danos máis fortes e conversou durante varios minutos cos veciños que se acercaron ó lugar. Con algúns intercambiou bromas e, á maioría dos residentes, trasmitiulle ás súas inquedanzas. Alguns estaban preocupados porque o seguro non lle cubría as perdas, outros porque tiñan a finca asulagada, había os que perderon parte do muro e outros coa parede da vivenda deteriorada.
Veciños e máis de cen afectados
Ó lugar tamén acudiu algún desconfiado que, antes de chegar Núñez Feijóo, manifestou que «veremos o que di» e unha parella de señoras dicía polo baixo «moito prometer, pero xa veremos se ó final fan algo». En definitiva, distintas versións dunha catástrofe meteorolóxica que afectou a máis dun centenar de veciños según os datos que manexa a asociación da parroquia. A maioría con danos menores en fincas, pero outros con casas ou coches danados
Por outro lado están as ducias afectados no centro de Redondela, especialmente en Vilavella. Alí quedaron moitos baixos asulagados e varios comercios tiveron importantes perdas. Tamén recibiron onte a visita de Núñez Feijóo e Javier Bas. Precisamente, a pesar de que nas últimas horas anunciouse que o concello pediría a declaración de zona catastrófica, o rexidor precisou que esta decisión aínda no estaba tomada.