O escrito recolle que a organización recibiu este venres «un comunicado do Concello de Redondela, en concreto da concellería de Interior, no que se notificaba á organización do festival que dito evento non se podía levar a cabo neste establecemento ao considerar que «non cumpre coas condicións necesarias para desenvolver un acto público organizado polo Concello»«.
O festival Redondela en Curto e unha das actividades culturais habituais en Redondela e a sesión golfa na Disco Tasca permanece dentro do programa de actividades dende hai sete años. A desta noite estaba prevista que fora a oitava sesión destas características neste establecemento do centro da Vila do Viaductos.
A pesar de que o programa de Redondela en Curto está feito dende hai varias semanas, a notificación da entidade municipal chegou unhas horas antes da celebración do evento e, deste xeito, sen marxe para buscar unha alternativa. No comunicado, a organización de Redondela en Curto manifesta que «vese obrigada a suspender a sesión golfa, maila estar en desacordo con esta decisión municipal e sintíndoo moitísimo polos nosos espectadores, polo artista invitado, Juanillo Estaban, e polos responsables da Disco Tasca».
Jorge Varela ‘Chopi’, copropietario
A Disco Tasca é un local situado na rúa Pai Crespo e da que é copropietario o concelleiro de AER (Agrupación de Electores de Redondela), Jorge Varela ‘Chopi’. Este venres a Disco Tasca fixo público un escrito a traves das redes sociais na que indican que «este festival de curtas empezouse a facer na Disco Tasca antes de que AER empezase na política de Redondela».
O escrito continúa con «este seria o 8 ano no que se realice no noso local. Nunca, e cando dicimos nunca é nunca, solicitamos ós organizadores que se realizara o evento no noso local. Tódolos anos insistimos que o cambien que a nós non nos importa. Sobre o tema da accesibilidade decir que o noso bar ten licencia totalmente legal, licencia antigua».