Esta semana viviuse un novo capítulo co enfrontamento entre representantes de Acerga (patronal maioritaria do sector) é o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, que foi recollido nun vídeo subido no perfil de facebook do colectivo e que converteuse en viral. As 20:00 horas do xoves xa tiña 120.000 reproducións, 2.970 compartidas e case 200 comentarios.
Unha representación do Acerga, encabezada polo seu presidente, o redondelán Antonio González ‘Tonacho’, fíxolle entrega na man ó mandatario da Xunta de Galicia un escrito coas súas reivindicacións e atopou a contestación do dirixente popular. As explicacións de Feijóo non convenceron á delegación de Acerga como se pode observar no vídeo.
O presidente da Xunta fala dunha reunión con acordos (feita hai máis de dous anos e lonxe da problemática actual) e doutra asociación do sector (minoritaria e afín ó seu grupo político). A discusión produciuse no marco dun acto electoral co presidente e chegou tras varias tentativas da dirección de Acerga de atoparse con Alberto Núñez Feijóo.