
Uns días ó ano, os máis curtos, o sol cae entre os piares da Ponte de Rande. Por aí afástase ata o día seguinte e dende a praia de Cesantes poden facerse unhas belas fotografías, se o tempo o permite. Este mércores, sen unha nube no ceo, era un deses ideais para tomar a cámara e inmortalizar o momento. Unha cita anual cumprida, os máis remolóns, aínda poderán aproveitar o que queda de semana. A previsión e de ceo despexado. Despois, as gaivotas, o vento, as ondas, as chalanas e o ollo do artista determinan a instantánea final.