O Concello de Redondela informou este mércores de que recibiu un informe da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade no que se da conta da «finalización do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do seu concello». A praia de Arealonga estaba pechada ao baño desde o pasado 9 de setembro, data na que se detectou o problema.
A administración sanitaria sinala que nas análises microbiolóxicas das remostraxes de auga de baño recollidas o día 12/09/2021, segundo os informes do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia do 14/09/2021, acadáronse os seguintes resultados:
Zona de Baño VALORES MICROBIOLÓXICOS(NMP/100 mL) Enterococos intestinais Escherichia coli Praia de Arealonga 10 NMP/100 ml <10 NMP/100 ml Praia de Rande <10 NMP/100 ml <10 NMP/100 ml
Segundo afirma o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, os datos remitidos por Sanidade ao Concello dan conta de que os niveis son aceptables xa que son inferiores a 800 NMP/100 ml de Escherichia coli e 500 NMP/100 ml de enterococos intestinais, «polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas».
Asimesmo, engade o concelleiro de Medio Ambiente, «e segundo a lexislación vixente no relativo á xestión da calidade das augas de baño, Sanidade autoriza ao concello á retirada dos carteis de prohibición de baño ou recomendación de absterse deste».