O Concello de Covelo informa que nos vindeiros días procederase á reparación e reconstrución dunha parte da ponte Tieliñas ubicada na estrada que une Godóns e San Salvador de Prado. O arranxo desta histórica ponte danada polas intensas choivas do pasado ano supón un gasto de máis de 18.945€ e para isto realizaranse traballos de desbroce e cantería, entre outros. Este importe súmase aos 111.770,85€ investidos en reparar os danos por temporal en espazos públicos de uso diario nas parroquias de Casteláns, Godóns e Santiago de Covelo.
Con estas obras o Concello procede nos últimos meses a arranxar os danos causados pola climatoloxia adversa do inverno anterior en infraestruturas municipais. “Non só se realizaron traballos de reparación e substitución, tamén se melloraron as condicións anteriores para así evitar futuras incidencias provocadas pola intensidade de auga dos temporais. Nos vindeiros días comezará o arranxo desta fermosa ponte símbolo da riqueza patrimonial do noso concello”, explica o alcalde, Pablo Castillo.
Na parroquia de Casteláns actuose en dous lugares, no torreiro de festas de Lourido e ao carón do cemiterio de A Costa nos quese mellorou a recollida e canalización de augas pluviais, retiráronse pedras caídas polo derrubamento, construíroonse muros de contención de mampostería con pedra granítica, realizáronse traballos de desmonte, cimentacións, condución de augas, colocación de arquetas e instalación de barreiras de seguridade entre outros, cun custo total 59.493€ en Lourido e na Costa de 35.007€.
Na Bugariña, Godóns, investíronse 14.103€ na reparación do talude caído realizando un novo muro de mampostería con canteira de pedra granítica. Tamén se procedeu a unha axeitada canalización das aguas para evitar futuros incidentes.
No barrio de Carballeda, parroquia de Santiago de Covelo, desenvolvéronse traballos de desbroce, retirada de canalización rota e instalación de novos tubos de formigón, arqueta, canalización de augas e talude para contención do camiño cun custo total de 11.168€.