As praias de Baiona e Nigrán contarán con servizo de socorrismo ata o 15 de setembro e non só ata o 31 de agosto (como ven sendo habitual e estaba previsto). A Mancomunidade do Val Miñor, a través do seu presidente actual, Juan González, tramitou onte esta decisión ante a previsión de tempo soleado e, polo tanto, de gran concorrencia de bañistas aos areais.
«Aínda que en setembro xa non hai tanto turismo este ano esta sendo excepcional con moitísima xente todavía e, ademais, con previsión de bo tempo, así que consideramos que o apropiado é manter a vixilancia», explica.
Dase a circunstancia de que este ano a Mancomunidade do Val Miñor conseguíu conformar a totalidade de 30 profesionais requiridos para atender as praias de Baiona e Nigrán durante todo o verán, circunstancia que non pasaba desde hai case unha década. Deste xeito, e tras a convocatoria por parte do Concello de Nigrán de catro cursos gratuítos para que a veciñanza en paro obtivese o certificado necesario, púxose fin na comarca a habitual crise estival en todos os municipios costeiros de Galicia para poder completar o persoal necesario.
«Levamos xa dous anos ofrecendo gratuítamente desde o Concello de Nigrán o curso obrigatorio para obter o certificado de profesionalidade polo problema de cada tempada para cubrir a demanda e aquí están os resultados», explica o alcalde e presidente da Macomunidade, Juan González, quen subliña que estes cursos foron convocados desde o Concello e dirixidos a veciños de Nigrán desempregados que, agora, están a traballar. «Trátase dun certificado de profesionalidade moi demandado e cun custe económico alto tendo en conta que o traballo é moi estacional, ese era o motivo polo que había escasos socorristas coa titulación válida para exercer o seu traballo nas praias de toda Galicia», engade.
Así, Praia América seguirá contando con 3 postos de socorrismo repartidos entre Lourido- zona central e Panxón, e Patos cun posto. Estes estarán opertativos de 12:30 a 20:00 horas e atendidos como mínimo por 2 socorristas e 2 voluntarios de Protección Civil.