“Construída no ano 1917 por doazón de D. Julián Valverde Pérez, sendo Bispo de Tui D. Leopoldo Eijo Garay e párroco D. Francisco Senra Díez”. Así reza a nova placa de bronce inaugurada este domingo na igresa de Santa Cristina da Ramallosa.
O Concello de Baiona conmemoraba desta forma un dos acontecementos máis relevantes na historia de Sabarís. En 1917 comezarían os traballos de construción da nova igrexa, froito da doazón de Julián Valverde Pérez e a súa esposa Victoria Rodríguez Cadaval. Proxectada polo arquitecto vigués José Franco Montes, a nova igrexa sería inaugurada o 19 de setembro de 1920.