Todas elas son mulleres que marcaron a Historia de Galicia e a todas elas está adicada a exposición que os alumnos do CEIP Belesar inauguran o próximo luns (11:45 horas) no centro escolar coa presencia do alcalde, Ángel Rodal, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
O Centro Educativo de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Belesar acollerá a exposición “Mulleres Galegas na Historia” desde o 13 de febreiro ata o 2 de marzo no que expón un profundo repaso da vida das dezaseis mulleres. A mostra ten como obxectivo poñer en valor o esforzo e sacrificio de mulleres que loitaron ao longo da historia co fin de conseguir mellorar a situación feminina da época.
Este ano o centro educativo traballa como tema central a igualdade, polo que decidiu poñer en marcha esta actividade enmarcada no Plan Municipal de Igualdade do Concello de Baiona e realizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través das áreas de Educación, Cultura e Igualdade.
A exposición estará aberta ao público e todos os interesados poden visitala de luns a xoves en horario de16:00 a 18:00 horas.