O voceiro do Partido Popular de Baiona, Ángel Rodal, tomou posesión do seu cargo como deputado provincial do Grupo Popular polo Partido Xudicial de Vigo no pleno celebrado hoxe.
O popular substitúe a Carmen Amoedo, voceira do PP en Redondela, que dimitiu para cumprir o pacto acordado en 2019 e compartir deste xeito un dos dous escanos que os populares teñen nesta área.
Rodal naceu en 1967 en Baiona. É concelleiro do PP na corporación do Concello de Baiona desde o ano 2003, e foi alcalde entre 2015 e 2019.